Actualidade

THE CORUÑA: Novo topónimo da cidade herculina


Negreira proporá no Concello o cambio do topónimo por THE CORUÑA, para rematar coa dicotomía A Coruña/La Coruña.

Carlos Negreira co lema da campaña "The Coruña is possible".

Carlos Negreira co lema da campaña “The Coruña is possible”.

Así o anunciaba esta mañá na sede do partido da cidade herculina.

O cambio de topónimo da cidade por The Coruña, esta era a gran novidade introducidade de cara o próximo pleno, e que Carlos Negreira anunciaba durante a rolda de prensa esta mesma mañá.

A continua polémica sobre a nomenclatura da cidade de Hércules, era un asunto candente xa desde a época de Paco Vázquez e agora con este troco, o PP popular quere acabar dunha vez por todas con ela. O troco do topónimo oficial A Coruña e o deturpado La Coruña polo proposto pola xunta de Goberno do Partido Popular no concellos, The Coruña, “tenta aproximar as dúas posturas mediante unha proposta de consenso”.

Negreira afirmaba así que o novo topónimo é “un chanzo cara o futuro e o internacionalismo”, “iso que tanto defenden algúns, agora xa o teñen aquí”.

Negreira di está disposto a escoitar aos membros da oposición, pero recorda que a maioría é totalmente democrática e a exerceran se é preciso, “todo sexa por salvar a city”.

“Nin españolistas, nin nazi-onanistas, “da´ Coruña” remataba o alcalde a rolda de prensa, facendo un xogo de palabras coa pronuncia inglesa da palabra “The Coruña”.

One thought on “THE CORUÑA: Novo topónimo da cidade herculina

  1. Pingback: Negreira proporá no Concello o cambio do topónimo por THE CORUÑA, para rematar coa dicotomía A Coruña/La Coruña

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.