David Fdez Calviño ficha por AER

O exdeputado de AGE por Ourense ficha pola Agrupación de Electores de Redondela Filtrouse onte e, polo que puido saber este medio, o exdeputado de Anova, organización que conforma a coalición de Alternativa Galega de Esquerda, pasará a facer parte da Agrupación de Electores de Redondela tras  varias xuntanzas entre a agrupación cidadá e o…

Fomento multará con 600 € a quen leve alguén no colo

O Ministerio que dirixe Ana Pastor anunciou a medida para loitar contra “la lacra del transporte ilegal” O voceiro do ministerio advertiu aos usuarios que ir no colo dalguén non conta coa autorización de transporte e que incurrirían en “infracción muy grave” que conleva multas de 600 euros que están recollidas na Lei de Ordenación dos…

A dirección do BNG acusa a EH-Bildu de españolista

A nova aparecida no diario Gara onde se anunciaba unha Fronte Basca con EH-Bildu, Podemos e IU, causou unha indixestión de muesli a Paco Rodríguez e que Bautista Álvarez aparecese cun tractor-cisterna de Cloro na sede Nacional do BNG para fumigar ós posibles infectados durante a pasada campaña das eleccións europeas. A irritación da dirección…

A CRTVG cambiará o nome do seu espazo de debate por “Foro Alberto”

Despois das múltiples denuncias e queixas, estas últimas por parte das centrais sindicais CIG, UXT e USO, a CRTVG decide dar carpetazo ao asunto cambiando tanto a parte do equipo como o nome do espazo conducido por Carlos Luís Rodríguez. Deste xeito e mediante un comunicado, o Consello Director da CRTVG, apunta que “as queixas agora…

Millóns de moedas de euro caducarán nos próximos días

Arias Cañete ofrécese a comelas Millóns de moedas de euro, dous euros e céntimos caducarán próximamente debido á abdicación de Juan Carlos I. Desde a Unión Europea indican que coa abdicación do rei terán menos valor que un iogurt caducado. Ante tal afirmación o exministro e actual eurodiputado Miguel Arias Cañete ofreceuse a comelas todas…

Acusan de satánico a Podemos

“Levan o demo no nome. PoDEMOs non é casual”, afirman desde a Asociación de Profesional de Exorcistas A Asociación Profesional de Exorcistas (APE) acusou onte á formación de Pablo Iglesias de satánica e fíxoo, desde o seu punto de vista, con “argumentos irrefutables”. “Son uns ateos e de iso ao satanismo soamente hai un paso”,…

A infanta Elena pide que o trono se decida mediante primarias

A infanta elena reclamou hoxe no palacio da Zarzuela a celebración de primarias entre a familia real para decidir quen vai ser o sucesor do seu pai En declaracións antes de cudir á perruquería, a infanta dixo que os borbóns non poden “ir a los métodos de siempre” e que a familia real “debe cambiar…

Felipe VI achaca o republicanismo á “herencia recibida”

O Comité electoral da Casa Real quere levar a cabo o relevo centrando a campaña da sucesión en insistir na herencia recibida O aínda príncipe Felipe e a súa corte de colaboradores puxeron en marcha a maquinaria de abdicación e porán en marcha a campaña de relevo centrándose na “herencia recibida”. Deste seito señalaron que…

O rei de España abdica, rómpese España

O anuncio de El-Rei de renunciar ao trono non deixa a ninguén no seu sitio.   Reunidos con carácter de urxencia os JuanCarlistas decidirán en referendo se apoian ou non o alzamento republicano. As prazas énchense de guillotinas á espera de ver rodar pirolas. O anuncio feito esta mañá por Mariano Rajoy non fai máis…

Deportivo da Coruña, Galatasaray e Fenerbache enfrontaranse na próxima tempada

O deportivo da Coruña, da man do galego, Fernando Vázquez, volve a conseguilo. Coa victoria ante o Xaén, o Deportivo da Coruña, consigue o prezado ascenso a Primeira División, onde se medirá co resto dos equipos turcos de primeiro nivel. Os derbys ante Galatasaray e Fenerbache antóllanse apaixoantes, e a afección mostrase ilusionada coa posibilidade…