A nova aparecida no diario Gara onde se anunciaba unha Fronte Basca con EH-Bildu, Podemos e IU, causou unha indixestión de muesli a Paco Rodríguez e que Bautista Álvarez aparecese cun tractor-cisterna de Cloro na sede Nacional do BNG para fumigar ós posibles infectados durante a pasada campaña das eleccións europeas.
A irritación da dirección do BNG incrementouse os pasados días ó enterarse de que o Eurodeputado de EH-Bildu decidiu incorporarse ó grupo da Esquerda Unitaria Europea e asinou un manifesto xunto con La Izquierda Plural e Podemos para pedir un referendo a favor da república. “Isto xa se vía vir” manifestou Bieito Lobeira tras recordar que a tricolor española ondea no concello de Donostia todos os 14 de abril dende que a esquerda nacionalista vasca goberna este concello. “Españolistas” berrou Ana Pontón. Tamén pronunciou unhas palabras Pilar García Negro, mais coma o noso espía era un galego do común non conseguiu entender que dicía.
Finalmente a dirección do BNG está a estudar sancións ós membros de EH-Bildu. Ente elas barállanse a prohibición de entrada no Avante, a non invitación á festa do Boi de Allariz ou convidalos a visitar Pontevedra xunto Ó Lores. Polo de agora, e pese ó seu ofrecemento persoal, descartase enviar a Bautista a Euskadi para eliminar a inmensa cantidade de unto que sobra en EH-Bildu.
Pingback: La dirección del BNG acusa a EH-Bildu de españolista [GAL]
Moi boa! Esmendrellado estou de tanto rir….