Economía

Fomento multará con 600 € a quen leve alguén no colo


O Ministerio que dirixe Ana Pastor anunciou a medida para loitar contra “la lacra del transporte ilegal”

colo

Mozos ven aproximarse ao inspector de transporte

O voceiro do ministerio advertiu aos usuarios que ir no colo dalguén non conta coa autorización de transporte e que incurrirían en “infracción muy grave” que conleva multas de 600 euros que están recollidas na Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres LOTT).

Deste xeito, Fomento indica que os seus servizos de Inspección do Transporte Terrestre vixilarán o cumprimento da lexislación e lembran que a autorización de transporte ten como fin “asegurar que el servicio que reciben los usuarios reúne las adecuadas condiciones de seguridad y calidad”.

Coordinación coa Conferencia Episcopal

Parella que ignora que o coito vailles saír en 600 euros

Parella que ignora que o coito vailles saír en 600 euros

O Ministerio de Fomento asinará convenios coa Conferencia Episcopal e, no caso de que no colo vaia a parella, considerarase o agravante de relación extramatrimonial con intencións de coito. Neste caso todos os católicos terán orde da Conferencia Episcopal de avisar á policía para que proceda ao cacheo da parella e mirar se portan preservativos que, no caso de ser atopados, subirán aínda máis a sación por “atentar contra Dios, la Familia y España”

O pesadelo dun inspector de transportes católico

Pesadelo dun inspector de transportes católico

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.