
Froilán mandando aforcar a dous vasalos
Ante o apremio e petición popular, o infante de Hespaña estaría disposto a dar o paso a reinar.
Todo isto, sempre e cando súa nai, que quedaría como Raíña Nai, lle cedese o posto. Iso sí, primeiro habería que derrogar a Lei Sálica pola cal o herdeiro ao trono sería un varón, para proceder a entronizar a Infanta Helena, a primoxénita, a cal cedería o seu posto ao seu primoxénito, Felipe Juan Froilán de Todos os Santos e quedando ela como rexenta.
É por todo isto que no día de hoxe se convoca en Compostela unha grande concentración na Praza do Toural, para pedir firmemente o reinado de Froilán III, rei da Galiza.
Tal e como se recolle no evento de facebook da convocatoria https://www.facebook.com/events/686268444744036, xa son máis de 400 persoas as que sairán a rúa a reclamar os dereitos da primoxénita do ate agora rei, no que supón un aproveitamento infame das discapacidades psíquicas da Infanta Helena, tanto por parte de Don Juan Carlos de Borbón, como do seu irmán Felipe.

Evento de FB á concentración en prol de Froilán III, Rei da Galiza
Entre os cánticos que se barallan, pódense atopar:
AVANTE SEM TRÉGUA REALEZA GALEGA
Felipe, usurpador, Helena é A MAIOR!
Froilan amigo Galiza está contigo!
Ou ELENA REGENTE DA GALIZA INDEPENDENTE!
No momento de peche desta edición, TemposGalegos, non foi quen de comprobar se Froilán III é consciente do sentido burlesco da convocatoria, nen se coñece o significado da palabra retranca, polo que intuímos que de non ser proclamado rei da Galiza pola graza de Deus, estará a preparar as súas armas de cara ao golpe de estado e a batalla final.
REPRODUCIMOS A SEGUIR O COMUNICADO ÍNTEGRO EN PROL DE FROILÁN III, REI DA GALIZA:
Desde distintos colectivos, partidos, sindicatos e organizacións ridiculistas de base chegamos á proposta de consenso seguinte, que auna as lexítimas aspiracións de tódalas sensibilidades monárquicas en torno á abdicazón borbónica, exceito unha, a dos advenedizos FelipeSextistas (con quen, obviamente, o acordo foi imposíbel):
Froilán, Rei da Galiza,
Elena Raiña de España
Po-lo direito a apandar!
A tal fin, convocamos á cidadania monárquica non FelipeSextista, pra unha concentrazón e posterior manifestazón retranqueira o xoves 12 ás 20:00 horas na compostelana praza do Toral pra reclamar:
1) o inalienábel direito ao trono do Histórico Reino da Galiza pra D. Felipe Juan Froilán de todos los Santos de Marichalar y Borbón y cuenta nueva.
2) a apertura de primárias “a la gallega” na sucesión ao trono de España, con vistas a que poda concorrer a nosa candidata favorita, Dona Elena de Borbón, quen é super-riquiña (o cal a capacita pra portar a coroa e a capa de armiño).
3) a apertura inmediata de unha consulta na que se pergunte por (primeiro) o direito a abuchanarse da sociedade española e (segundo) o direito das nacións sen estado a achantar co que hai, e foderse sine hora.
Froilanistas, Elenistas e Pokemos, por riba das nosas diferéncias, hai algo que nos une. A caspa!
Acudamos á convocatória, coas nosas mellores galas e demonstremos que somos mais que eles, os 8 FelipeSextistas que se xuntaron no Toural o outro dia. Unidos, comeremos merda, mas comerémola nun mesmo prato e xa se sabe que o roce fai o cariño…
Viva o Rei! Viva Froilán!
Infanta Elena, Infanta Elena! Sóplame el culo que tengo Arena!
ReferenDA!