O exdeputado de AGE por Ourense ficha pola Agrupación de Electores de Redondela
Filtrouse onte e, polo que puido saber este medio, o exdeputado de Anova, organización que conforma a coalición de Alternativa Galega de Esquerda, pasará a facer parte da Agrupación de Electores de Redondela tras varias xuntanzas entre a agrupación cidadá e o exparlamentario. Froito das conversa nacerá AEC (Agrupación de electores de Copenhagen) que dará soporte as persoas redondelás emigradas.
O exdeputado pasou a súa infancia e adolescencia vivindo e estudando en Redondela volve as súas orixes abrazando o punk como xeito de facer política.
Nomes de guerra
A formación veciñal de Redondela que pasa por ser unha das máis alternativas do estado conta cun concelleiro no Concello de Redondela. Trátase de “Pochi”, nome de guerra de Alfonso Blanco que recolleu a acta do seu compañeiro “Chopi” aka Jorge Varela.
David Fernández Calviño, segundo se comenta nas redes sociais, pasará a ter o nome de guerra de “Poochie” que será o seu apodo nesta nova estapa punkarra trotskista e segundo se comenta fomentarán unha fronte ampla de colaboración entre AER, Podemos, Anova, Anova Horizontal, Anova Plural e Anova Nacionalista.