O alcalde de Compostela elixirá ao Pokemon de tipo planta no seu debut como mestre Pokemon alcalde da cidade de Compostela.
Así o facía público na tarde-noite de onte, despois de que Ángel Currás comunicase a súa renuncia como rexedora da cidade, e que sería o conselleiro de Medio Ambiente e Infraestruturas quen o sucedería no cargo.
A decisión de Agustín, segundo o que todo apunta, viría dada pola capacidade dos Pokemon tipo planta para soportar a auga, que como é sabido en Compostela hai moita. Do mesmo xeito, habilidades como o Látigo Cepa serían de gran utilidade para varear perrofrautas, esquerdentos e demais fauna do concello compostelá.
Ábrese agora un novo escenario na que a cultura política da capital galega terá unha enésima oportunidade de demostrar a súa valía dentro do mundo Pokemon, da que é fondamente coñecedora desde tempos de Conde Roa, pasando por Currás e todos e todas as imputadas do goberno municipal do PP.
Por outra banda, desde o PP de Galicia sopesase a posibilidade de fichar a algún que outro Pokemon máis para cubrir as prazas de concelleiros que deixan vacantes os e as dimisiaonadas, e entre eles soan nomes como Snorlax, Ditto ou mesmo Wobbuffet, aínda que polo de agora non son máis que rumores.

Ditto, Snorlax e Wobbuffet soan para o Concello de Compostela