O anuncio de El-Rei de renunciar ao trono non deixa a ninguén no seu sitio.

Juancar e Paco. Imaxe de arquivo.
Reunidos con carácter de urxencia os JuanCarlistas decidirán en referendo se apoian ou non o alzamento republicano.
As prazas énchense de guillotinas á espera de ver rodar pirolas.
O anuncio feito esta mañá por Mariano Rajoy non fai máis que confirmar a mala situación que está a correr o Estado Español no que ate o seu rei se ten que ir ao paro.
Os acólitos da formación Podemos, declaran que “nin unha semana lle durou o Rei a Pablo Iglesias!”.
(Seguiremos informando…)