“Levan o demo no nome. PoDEMOs non é casual”, afirman desde a Asociación de Profesional de Exorcistas
A Asociación Profesional de Exorcistas (APE) acusou onte á formación de Pablo Iglesias de satánica e fíxoo, desde o seu punto de vista, con “argumentos irrefutables”.
“Son uns ateos e de iso ao satanismo soamente hai un paso”, comentan desde a APE. “Fíxense ben no seu nome: PoDEMOs. Están a chamar polo diaño”, engadiron.
Desde esta asociación tamén criticaron que a súa forma básica de organización sexan os chamados círculos por ser “a disposición que adoptaban os aquelarres”.
Por último tamén demandaron que Pablo Iglesias cambie o seu apelido por outro “máis ateo”. Así, convidaron a que se pase a chamar “Pablo Gulag” ou “Pablo Kremlin” ou, directamente, Lucifer.