Actualidade

A CRTVG cambiará o nome do seu espazo de debate por “Foro Alberto”


Foro Alberto, será o novo espazo de debate na TVG2

Foro Alberto, será o novo espazo de debate na TVG2

Despois das múltiples denuncias e queixas, estas últimas por parte das centrais sindicais CIG, UXT e USO, a CRTVG decide dar carpetazo ao asunto cambiando tanto a parte do equipo como o nome do espazo conducido por Carlos Luís Rodríguez.

Deste xeito e mediante un comunicado, o Consello Director da CRTVG, apunta que “as queixas agora xa non teñen lugar, posto que quen sintonice o programa de debate xa sabe con que se vai topar”. “A idea era facer un “Aló Presidente” sen dogmas proetarras e sen Feijóo, posto que sempre anda moi liado, pero si transmitir a súa mensaxe. Así os galegos e as galegas poderán saber de primeira man cales son as penurias que o noso presidente ten que pasar no Parlamento Galego, e as bondades tanto súas como do seu equipo de traballo na Xunta de Galiza”.

Sobre as denuncias polas contratacións a dedo, a dirección da CRTVG é clara, “para un programa deste tipo é preciso que unha persoa de máxima confianza o conduza, e Carlos Luís é o noso home. Os esquerdentos teñen ao coletas ese todo o día polos platós e ninguén lles di nada”.

Foro Alberto continuará así coas súas entrevistas e debates na “Galega2”, no que cada día se engadirán vídeos-resumo do día a día do Presidente da Xunta de Galiza, Alberto Nuñez Feijóo, así como as imaxes máis destacadas dos seus Conselleiros e Conselleiras.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.