A infanta elena reclamou hoxe no palacio da Zarzuela a celebración de primarias entre a familia real para decidir quen vai ser o sucesor do seu pai
En declaracións antes de cudir á perruquería, a infanta dixo que os borbóns non poden “ir a los métodos de siempre” e que a familia real “debe cambiar y abrirse a la gente”.
Elena que, de non estar en vigor a Ley Sálica, sería a futura raíña suliñou que hai membros da familia real que están de acordo coa designación dixital de Felipe pero que hai outros que están por facer un “congreso extraordinario”. Neste caso matiza que, de levarse a cabo, este levaría a “huella de Juan Carlos I” e que “Felipe sería designado por el aparato de la Zarzuela”
Antes as dúas posibilidades de congreso e primarias avogou por facer primeiro as primarias e insistiu no argumento de “cambiar y abrirse a la gente como cuando Froilán se abrió un pie de un disparo”.