Baltar tamén prometeu a lúa

Difúndese nova información sobre a habitación 505, onde Baltar tería tido os seus encontros. Ademais de placer e postos de traballo na Deputación de Ourense, Baltar tamén tería prometido a lúa a diferentes persoas, entre elas á denunciante que a semana pasada levaba ante os tribunais ao presidente da Deputación de Ourense. “Prometíame moitas cousas, desde…

O piso ‘Franco’ do rei Juan Carlos

O rey Juan Carlos fala sen tapuxos nos seus aposentos de luxo nos Alpes. Últimamente non se fala doutra cousa que non sexa o complexo de alto standing que o rei compartía con Corinna, e non é para menos, TemposGalegos tivo a oportunidade de ser convidado polo seu mismísimo a coñecer as instalacións e cóntao aos…

Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek

A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa. A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek. ‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha…

Si quieres un trabajo me comes lo de abajo

O presidente da Deputación de Ourense fala español na intimidade. As conversas destapadas polo diario dixital eldiario.es poñen de manifesto o que desde hai anos os mentireiros da provincia de Ourense viñan a dicir, o presidente da Deputación fala español na intimidade. Logo de anos de defensa do seu “galeguismo” e de ver a Xosé Manuel Baltar…

Os Poetarras néganse a se disolver e entregar as cancións

Despois da denuncia de Novas Xeracións do PP o grupo galego négase a se disolver e din que non van entregar as cancións. As xuventudes do Partido Popular acusaron onte á formación xuvenil do BNG de organizar un concerto no que actuara o grupo Poetarras. Dende a formación popular vinculan ao grupo co entorno da…

A mensaxe máis repetida no grupo de whatsapp do PP é unha caquiña con ollos

O Partido Popular anunciou onte a posta en marcha dunha nova vía de comunicación coa cidadanía. A opción que escolleu a formación conservadora é un número de whatsapp a través do cal os cidadáns poderán interaccionar coa formación popular. Javier Dorado presentou a idea e negou o fin electoralista da mesma senón que era un mecanismo…

Ciudadanos concorrerá en Mercadona baixo a marca Hacendado

A formación de Albert Rivera asume o seu papel de marca branca na circunscripción dos supermercados. O partido laranza, o cal todas as enquisas sitúan como terceira forza política no espectro estatal vén de comunicar a súa intención de participar baixo a marca Hacendado en todos os supermercados do grupo valenciano Mercadona. Deste xeito a…

Feijoo: ‘¿Está el Banco de España? Que se ponga’

Revelamos a chamada integra que Feijoo fixo ao Banco de España para chivarse das cúpulas das caixas galega. Feijoo: ¿Es el Banco de España? Banco de España: Si Feijoo: Que se ponga Banco de España: Pero si ya le dije si… Feijoo: ¡¡Que se ponga inmediatamente!!! ¡Usted no sabe quién soy yo! Banco de España:…

A barbela de Gayoso podería emitir infrasóns

O queixo do famoso presentador do Luar podería emitir sons imperceptíbeis ao oído humano. Un estudo norteamericano, publicado na revista Science, pon de manifesto a posibilidade de que o presentador galego poda estarse a poñer en contacto con outras civilizacións e incluso cos animais. A teoría elaborada no MIT por científicos teóricos aseguran que a colocación…

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’

A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’. Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva…

A nova tenda de NikisGalicia colapsa Aguiño

O Barbanza mobilízase pola roupa e souvenirs galegos. Máis de 200 metros de cola para entrar na nova tenda de NikisGalicia. É o aluvión de visitantes que orixinou no seu primeiro fin de semana a apertura de NikisGalicia de Aguiño, a nova tenda que está a atraer unha colosal cantidade de clientes. Media ducia de…

Philip Morris lanzará os cigarrillos Volkswagen

A multinacional americana de tabacos asinará un acordo coa multinacional alemana de locomoción para tratar se sacar partido do escándalo das emisións. Segundo transcendeu onte, Philip Morris chegou a un acordo co consorcio Volkswagen para a fabricación dunha nova gama de cigarrillos coa marca do xigante alemán e así tratar de sacarlle partido ao escándalo…