O Barbanza mobilízase pola roupa e souvenirs galegos.

A tenda de NikisGalicia a rebosar na súa inauguración.
Máis de 200 metros de cola para entrar na nova tenda de NikisGalicia. É o aluvión de visitantes que orixinou no seu primeiro fin de semana a apertura de NikisGalicia de Aguiño, a nova tenda que está a atraer unha colosal cantidade de clientes.
Media ducia de traballadores da cadea de roupa galega montan valos ao longo da vila para facilitar o acceso ordenado dos centos de persoas que queren ver o establecemento situado no Barbanza. O seu aforamento máximo permitido é de 2.300 persoas, xa que segundo apuntan desde dirección “a tenda ten unha leira alí ao lado onde pode meterse a xente”.

Empregados de NikisGalicia tentan dirixir á masa.
Os empregados de NikisGalicia tamén se organizan para permitir o paso aos seus comercios veciños ao longo da enorme cola de acceso. O tránsito polas rúas contiguas resulta complicado, tanto para peóns como para vehículos, debido á multitude desenfreada que se foi acumulando na zona o longo do día de onte. Calcúlase que unhas 200 persoas durmiron na rúa a pasada noite.
As propias empregadas da tenda relataban o acontecido o día da presentación “cando cheghín á tenda pola mañá estaba todo Aghiño colapsado, só faltaban os ghatos a faser cola” cóntanos Carme.
“Eu vin autobuses cheos de xente que cheghaba desde Ribeira e Boiro” Comenta un dos clientes. Este comentario causa a indignación de varios dos presentes, “Os de Ribeira o que tiñan que faser é ir a Santiagho a comprar e non vir aquí a faser overbooking. Se NikisGhalisia viu a Aghiño e non a Ribeira por algho será”.