O presidente da Deputación de Ourense fala español na intimidade.

Baltar recordando (en español) as maniobras de ensartado
As conversas destapadas polo diario dixital eldiario.es poñen de manifesto o que desde hai anos os mentireiros da provincia de Ourense viñan a dicir, o presidente da Deputación fala español na intimidade.
Logo de anos de defensa do seu “galeguismo” e de ver a Xosé Manuel Baltar falando en galego nos seus diferentes cargos institucionais, un novo caso de diglosia ataca á casta política galega. O dirixente ourensán, segundo apuntan as informacións verquidas a raíz do seu “affaire”, falaría coas súas “amizades” en español, reservando o galego para os círculos políticos públicos.
O uso do español por parte dos políticos galegos é considerado por moitos filólogos un ataque de autodio e un cancro para a cultura e o patrimonio inmaterial galego, e que tan só desde o empoderamento da lingua propia chegaremos a unha sitiación de normalidade lingüística no noso país.
Por outra banda, os asesores de marketing do PP analizan esta nova imaxe como positiva, explican que as frases de Manuel Baltar lanzarano o estrelato, pois superan incluso as perlas linguísticas do presidente dp goberno, Mariano Rajoy. Frases como “revozate en harina morena”, ou o xa famoso “chispas, relax” estan creando tendencia en Twitter e outras redes sociais en menos se 48 horas, apuntan desde o comité encargado do seu seguimento. Incluso non descartan “facer un Sálvame” nos próximos días para optimizar ao máximo está imaxe campechana e descocada que reporte voto mozo nas eleccións de decembro.
No veo cual es problema de Baltar,su intimidad es suya y hace como no puede ser de otra manera, lo que lo sale del foorro… No faltaría más…!!
Claro chan alí te porque la Diputación es suya. No te jode