O Partido Popular anunciou onte a posta en marcha dunha nova vía de comunicación coa cidadanía.
A opción que escolleu a formación conservadora é un número de whatsapp a través do cal os cidadáns poderán interaccionar coa formación popular.
Javier Dorado presentou a idea e negou o fin electoralista da mesma senón que era un mecanismo pensada para interactuar coa cidadanía. Dorado considera que será unha canle útil para que os galegos poidan solicitar información, resolver dúbidas ou trasladar impresións, e mesmo críticas, acerca da acción do Goberno.
A cidadanía poderá dirixirse por whatsapp ao Partido Popular a través do seguinte número de teléfono 608 338 908.
Segundo puido saber o noso medio a mensaxe máis recibida polo PP no primeiro día de funcionamento foi o emoticono de whatsapp da caca con ollos seguido moi de preto polo emoticono do sobre. Na comunicación entre militantes e cargos do propio Partido Popular a mensaxe máis repetida foi ‘Sé fuerte’ seguido dunha flamenca e unha bandeira de España.