A multinacional americana de tabacos asinará un acordo coa multinacional alemana de locomoción para tratar se sacar partido do escándalo das emisións.
Segundo transcendeu onte, Philip Morris chegou a un acordo co consorcio Volkswagen para a fabricación dunha nova gama de cigarrillos coa marca do xigante alemán e así tratar de sacarlle partido ao escándalo que está a sacudir ao fabricante alemán.
Agardan chegar aos clientes fumadores da Volkswagen e prometen que ‘una caja de cigarrillos Volkswagen emitirá menos gases que uno de sus coches’.
Na presentación da nova marca, Philip Morris tamén anunciou que lanzarán unha gama de cigarrillos electrónicos baixo a marca Volkswagen.
Na que será a súa primeira incursión no mundo no mundo do vapeo indicaron que a súa gama de vapeadores incluirá un software co que regular as emisións de fume dos seus cigarrillos. O acordo con Volkswagen tamén contempla a cesión do software dos seus motores para utilizalo nesta nova xeración de cigarros electrónicos.