Tecnoloxía

Netflix ofertará todas as tempadas de ‘Pratos Combinados’


A compañía norteamericana aposta forte no seu estreno e incluirá na súa oferta de ficción as catorce tempadas de ‘Pratos Combinados’.

Moitos afeccionados ao cine e as series televisivas agardaban con ansia a chegada de Netflix e a compañía non quixo defraudar e apostou na súa aterraxe con ofrecer algo que ningunha outra plataforma televisiva puidese igualar. E abofé que o conseguiu.

Netfilx negociou en segredo coa TVG a cesión en exclusiva dos dereitos de ‘Pratos Combinados’. A negociación, segundo fontes da compañía, foi doada. Encargouse o propio presidente da Xunta de Galicia de falar cos directivos da compañía americana e, en dous minutos, xa estaba acordada a privatización da serie galega que, a partir de agora, soamente se poderá visualizar nesa plataforma de contidos.

O partido político Ciudadanos xa protestou pola inclusión da serie galega e defendeu que se dobrara ao español ‘El español estaría seriamente amenazado si hay una serie en gallego en Netflix. Soalmente quedarían unos pocos cientos en castellano. Es inadmisible’, declararon.

Galicia Bilingüe xa se ofreceu a dobrar de balde a serie e anunciaron que estaban en conversas co actos Manuel Manquiña para que prestara a súa voz a Miro Pereira mentres que Gloria Lago sería quen poría a voz española de Balbina.

pratos combinados netflix

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s