Cultura

Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek


A asociación Star Trek Bilingüe apoia a iniciativa.

A organización de Albert Rivera presentou hoxe unha nova iniciativa no Concello de Ferrol para que o idioma Klingon pase a estar proscrito na serie de ciencia ficción Star Trek.

‘Estamos hasta los cojones de tantas lenguas. Queremos que todo el mundo hable en español’, indicaron nunha rolda de prensa co gallo da presentación da iniciativa.

Preguntados polos xornalistas se sabían que a serie orixinal estaba en inglés dixeron ‘No nos preocupa. También podemos presentar una moción para que el inglés deje de ser idioma oficial’.

Moitos seguidores da serie xa se manifestaron en contra da petición de Cidadanos e foron criticados dende a organización liderada por Albert Rivera ‘Estos galleguistas ya no saben que inventar. Primero el reintegracionismo y después el Klingon. Ahora escuchas el Telejornal o el Lunar y no entiendes nada’.

Ciudadanos xa anunciou que seguirá coa súa cruzada contra todas as linguas ‘El otro día uno de nuestros afilidados estuvo en Francia. Fue a un comercio y ¡no entendían el español! . Nuestros eurodiputados presentarán una moción en el Parlamento Europeo para acabar con la imposición del francés en Francia’.

Klingon bilingüe

 

 

Advertisements

2 thoughts on “Ciudadanos pide que o Klingon deixe de ser idioma oficial de Star Trek

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s