O rey Juan Carlos fala sen tapuxos nos seus aposentos de luxo nos Alpes.

Juan Carlos cunhas amigas.
Últimamente non se fala doutra cousa que non sexa o complexo de alto standing que o rei compartía con Corinna, e non é para menos, TemposGalegos tivo a oportunidade de ser convidado polo seu mismísimo a coñecer as instalacións e cóntao aos seus lectores en primicia.
Juan Carlos recíbenos ás oito da mañán no recibidor. Luce unha batamanta e leva consigo unha copa de coñac. Trátanos con familiaridade e recoñece sentirse realmente cómodo alí “Pasei moito máis tempo de vacacións aquí que facendo que facía algo en España. Ademáis aquí todo o mundo sabía dos meus revolcóns con Corinna, era algo moi de andar por casa”. E sen máis e cun ademán indicanos que o sigamos.
Collemos unha recargada escaleira de caracol e unha vez na porta, accedemos directamente a un enorme dormitorio. “O importante era ter o máis a man posible a cama”, recoñece Juan Carlos. O primeiro que chama a atención na estancia é unha opulenta cabeza de elefante disecada. De feito, mires onde mires atopas animais do máis variopinto apoltronándose o redor da habitación. Entre eles, podemos atopar algúns chegados de terras galegas: un burro fariñoque e, incluso un urogallo “Este é o último Urogallo Galego. Regaloumo Fraga” relata orgulloso. Xirando á dereita, e nun espazo moito máis recollido, unha cámara acorazada duns 300 metros, dentro só hai un trono tallado en ouro branco e unha vitrina co famoso rifle de ouro e cristales Swarovski. “Esto é o meu pracer máis inconfesable, sentarme aquí a aloumiñar a Perla” Confesa Juan Carlos en clara referencia o rifle. Saindo da cámara e dirixíndonos cara o fondo atopamos o Baño real, no que por suposto se atopa o trono favorito do exrei, nel sorprenden as luces de cores que iluminan diferentes figuras de Franco, non son outras que as polémicas figuras do autor Eugenio Merino que revolucionaron ARCO no 2012, “Ninguén as quería, e eu dixen puegh pa mí!” asegura Juan Carlos.
Cando lle preguntamos polos 7000 euros diarios que custa o aluguer das instalacións, sorrí e comenta “Iso é calderilla, hoxe en día un rei non pode facer nada con 7000 euros ao día, o mínimo son 50.000 ou 60.000, iso sen contar extras de caza de elefantes, viaxes en primeira clase, ou pago doutros servicios”. Di mentres chisca insistentenmente o ollo dereito. Ademáis- engade, facendo un guiño os contribuíntes- hai que pensar que ese diñeiro é probablemente o mellor invertido de todo o Estado, que hai máis importante nunha Monarquía que a felicidade do Monarca?”
Juan Carlos despídese cun convite a reunirnos o próximo verán en Sanxenxo nun dos seus barcos, o popularmente coñecido “Bribón”.