Difúndese nova información sobre a habitación 505, onde Baltar tería tido os seus encontros.

Baltarín prometendo a lúa.
Ademais de placer e postos de traballo na Deputación de Ourense, Baltar tamén tería prometido a lúa a diferentes persoas, entre elas á denunciante que a semana pasada levaba ante os tribunais ao presidente da Deputación de Ourense.
“Prometíame moitas cousas, desde traballo a pracer desenfreado, e algún día incluso a lúa, pero despois nada de nada” afirma a que, polo de agora, definiremos como a muller X. “De todo o prometido o único que sempre cumplía era o das chispas, pois traia sempre con el un chisqueiro de pedra e pasabase a noite facendo chispas con el”.
Segundo información á que tivo acceso TemposGalegos, Xose Manuel Baltar tamén tería prometido a lúa aos seus fillos en varias ocasións, é dicir estaríamos a falar de anos de presuntas reincidencias.
Mentres tanto os grupos políticos da oposición anuncian que seguirán preguntando en pleno polas súas promesas e aseguran que loitarán contra a banalización das mesmas, sempre e cando estás non entren en contradicción coa lei vixente.
O PP segue sen proncunciarse ao respecto.