Cultura

Os Poetarras néganse a se disolver e entregar as cancións


Despois da denuncia de Novas Xeracións do PP o grupo galego négase a se disolver e din que non van entregar as cancións.

poetarrasAs xuventudes do Partido Popular acusaron onte á formación xuvenil do BNG de organizar un concerto no que actuara o grupo Poetarras. Dende a formación popular vinculan ao grupo co entorno da ETA e pediron explicacións á formación nacionalista pola celebración do acto nunha rolda de prensa celebrada onte en Pontevedra.

‘Contrataron un grupo que habla mal de Feijoo. Tienen que ser etarras’, indicaron. ‘Además fue durante un magosto. Celebración que se parece a un aquelarre. En un magosto hai fuego como en los aquelarres y nacionalistas que se parecen a las brujas. También hai castañas, que a veces explotan, como las bombas de ETA. ¿Es necesario aportar más indicios?’, engadiron.

Outro voceiro do PP asegurou que ‘Estamos seguros que los integrantes del grupo son proetarras y vascos’. Ao serlle emendada a afirmación por parte dos xornalistas que cubriron a rolda de prensa o voceiro espetou ‘os quiero recordar que los de Bilbao nacen donde quieren’. Preguntados os voceiros populares de por que lle engadiron un ‘r’ ao nome do grupo, estes responderon ‘Les recordamos que R fue vendida a Euskaltel que, por si no lo saben, es una empresa vasca’.

Continuando coa rolda de prensa solicitaron da banda que ‘se disuelvan y entregen las canciones’ ao que engadiron que ‘usan la retranca que es una doble tranca y eso es muy peligroso si te da en un ojo’.

Pola súa banda o grupo galego lonxe de plegarse ás peticións do Partido Popular preguntaron a través de Twitter aos seus fans se denuncian ao PP ou ben se a denuncia será unha canción.

One thought on “Os Poetarras néganse a se disolver e entregar as cancións

  1. No caso do magosto de Pontevedra, as castañas eran auténticas armas de destrucción masiva. Quedaron pouco feitas e ao estar tan duras, os Proetarras empregáronas como balas contra un señor de Cuenca que pasaba por alí

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.