A Xunta substituirá as pedras da Cidade da Cultura por uralita

Os problema do risco de desprendemento de parte das fachadas de pedra e o perigo que supón leva ao goberno de Feijoo a susbstituír a custosa pedra brasileira por uralita de galpón. A Xunta acaba de inspeccionar a calidade construción do Gaiás. A inspección da Cidade da Cultura indicou que unhas 100.000 das carísimas pedras de importación…

Declaran a Rajoy “Persona muy rata” en Pontevedra

O presidente do goberno en funcións é nomeado “persona muy rata” na súa cidade natal. Na mañá de onte o pleno do Concello de Pontevedra, reunido no Teatro Principal, acordaba cos votos de BNG, PSOE e Marea de Pontevedra, nomear a Mariano Rajoy “persoa moi rata”. Os recentes feitos, polos cales un goberno en funcións, con…

O Partido Popular abrazará o look perroflauta se se convocan novas eleccións

Un novo look para Mariano Rajoy e para os deputados populares figuran entre as estratexias de comunicación do PP. O Partido Popular xa está a preparar un previsíbel adianto electoral e os seus asesores demoscópicos xa traballan na imaxe dos candidatos populares para os novos comicios. Segundo puido saber Tempos Galegos os asesores de imaxe…

Baltar aproveita a súa visita a EEUU para mercar un arma

O presidente da Deputación de Ourense fardou de “pipa” polas redes sociais. Así, na súa visita na busqueda de inversores e empresarios, Xosé Manuel Baltar non deixou escapar a oportunidade de sentirse un estadounidense máis, facendo súa a segunda enmenda da Carta de Dereitos de Estados Unidos, e mercando un arma de uso persoal. Espéculase…

Atopan un podemita que fala galego

Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego. A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co…

O titeriterismo principal problema para os españois segundo o CIS

O segundo lugar pasa a ser ocupado polos comentarios en Twitter. Os datos da principal enquisa sociolóxica  desvelaron que o titeriterismo escalou a primeira posición entre as preocupacións da cidadanía, desbancando do primeiro posto ao paro. Os comentarios en Twitter tamén ascenderon no ranking colocándose en segundo lugar e substituíndo nese posto á corrupción. Nos…

Veganos deciden enterrar un grelo en lugar da tradicional sardiña

En diferentes cidades galegas ducias de veganos xuntaronse a carón de cacharelas para despedir o entroido dun xeito particular. Fundamentalemente na provincia de Ourense, onde o Entroido ten un maior peso, pero tamén nalgunhas vilas e cidades do norte galego, como A Coruña ou Compostela, ducias de veganos puxéronse dacordo para darlle o último adeus ao…

Desarticulada a cúpula de Barrio Sésamo por apoloxía do terrorismo

A policía detivo os responsábeis do show infantil por apoloxía do terrorismo ao incluír na programación ao monstro das gallETAs. A denuncia comezou por un pai que se sentiu horririzado ao ver o programa televisivo que estaba a visualizar o seu fillo. ‘Fue horrible: vampiros, dos hombres compartiendo cama e incluso un monstruo que comía galletas’,…

Un Don Juan con acento galego fode a todas as nais dos redactores de JotDown

Un galego descoñecido demostroulle de xeito práctico, ao Community Manager do magazine español, que con acento galego pódese ser un Don Juan. Segundo contan testemuñas presenciais utilizou a tenrura e o riquiñismo que lles provoca aos españois o sotaque galego para engatusar a todas as nais dos redactores e así despexar as dúbidas que amosara…