Actualidade

Desarticulada a cúpula de Barrio Sésamo por apoloxía do terrorismo


A policía detivo os responsábeis do show infantil por apoloxía do terrorismo ao incluír na programación ao monstro das gallETAs.

espinete prisionA denuncia comezou por un pai que se sentiu horririzado ao ver o programa televisivo que estaba a visualizar o seu fillo. ‘Fue horrible: vampiros, dos hombres compartiendo cama e incluso un monstruo que comía galletas’, declarou o denunciante.

A policía interrumpiu a gravación do programa e conduciu a todo o elenco de actores e guionistas á audiencia nacional onde un xuíz declarou a prisión incondicional de todos eles.

A organización ultradereitista Manos Limpias xa anunciou que se personará na causa: ‘No podemos permitir que se haga apología del terrorismo ni del sodomagomorrismo’, declararon.

A policía anunciou que está a traballar nun novo caso que ten como obxectivo a equipa da Bola de Cristal. ‘Eso de viva el mal viva el capital, suena un poco anarquista, que rima con terrorista y ya saben lo que eso significa’, declararon fontes policiais.

Preguntados polos xornalistas sobre os medios na loita contra a corrupción institucional que asolaga o estado español o voceiro da policía declarou ‘Ahora estamos con lo importante, con lo que de verdad preocupa a los españoles: los títeres’.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.