Sociedade

O Partido Popular abrazará o look perroflauta se se convocan novas eleccións


Un novo look para Mariano Rajoy e para os deputados populares figuran entre as estratexias de comunicación do PP.

rajoy perroflauta

Rajoy no photocall da presentación do novo look do PP

O Partido Popular xa está a preparar un previsíbel adianto electoral e os seus asesores demoscópicos xa traballan na imaxe dos candidatos populares para os novos comicios. Segundo puido saber Tempos Galegos os asesores de imaxe dos conservadores van tratar de ‘perroflautizar’ os seus candidatos. O primeiro paso vai ser o look desaliñado dun Rajoy co pelo longo e rubio para achegarse máis ao electorado de Podemos. ‘Si Pablo Iglesias lleva coleta, Mariano va a llevar el pelo al viento estilo pelo Pantene’, engaden dende o gabinete popular. Segundo declararon tampouco descartan presentar a Celia Villalobos con rastas, ‘limpias, eso siempre’, declararon.

A idea, que provén das FAES, busca afondar na idea de ‘todos los políticos son iguales’ que tan ben lles funcionou durante estes anos. ‘Nos estaba costando que la gente se creyera este mensaje porque el look empezaba a ser muy distinto por eso ahora vamos a copiarlo y pensamos que volverá a funcionar’, dixeron os creadores da nova estratexia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.