Cultura

A Xunta substituirá as pedras da Cidade da Cultura por uralita


Os problema do risco de desprendemento de parte das fachadas de pedra e o perigo que supón leva ao goberno de Feijoo a susbstituír a custosa pedra brasileira por uralita de galpón.

gaias uralitaA Xunta acaba de inspeccionar a calidade construción do Gaiás. A inspección da Cidade da Cultura indicou que unhas 100.000 das carísimas pedras de importación brasileira teñen risco de desprendemento. Segundo indican fontes do goberno de Feijoo ‘Es lo que tiene construír cosas baratas. Trescientos millones de euros no dan para nada y después, ya se sabe, tenemos que venir los miembros del Partido Popular a arreglar las cagadas de otros gobiernos’.

gaias uralita catedralPara corrixir o problema o executivo popular ten previsto iniciar un proxecto integral de reforma que acabe co problema. En círculos próximos aos populares recoñecen que se barallou a contratación do estudio de Calatrava para poñer fin ao perigo que supoñen as lousas máis fontes máis as mesmas fontes indican que se desbotou xa que o estilo do polémico arquitecto non cadraba co estilo do Gaiás. ‘Si fuera un puente o una pasarala no nos lo hubiéramos pensado’, indican.

O novo proxecto que contempla a Xunta pretende conseguir que a Cidade de Cultura se integre mellor coa paisaxe. Seguindo esa premisa dotarán unha partida orzamentaria de aproximadamente 10 millóns de euros para substituír as pedras por uralita. ‘Creemos que los habitantes autóctonos valorarán el cambio al integrarse mucho mejor con el paisaje gallego’, comentan as mesmas fontes. ‘Si nos sobra algo de dinero realizaremos un peche del recinto con somieres. Convertiremos el Gaiás en el mayor Galpón de Galicia’, indicaron.

 

One thought on “A Xunta substituirá as pedras da Cidade da Cultura por uralita

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.