Actualidade

Veganos deciden enterrar un grelo en lugar da tradicional sardiña


En diferentes cidades galegas ducias de veganos xuntaronse a carón de cacharelas para despedir o entroido dun xeito particular.

Grelos antes de seren incinerados e "enterrados" ata o ano que vén.

Grelos antes de seren incinerados e “enterrados” ata o ano que vén.

Fundamentalemente na provincia de Ourense, onde o Entroido ten un maior peso, pero tamén nalgunhas vilas e cidades do norte galego, como A Coruña ou Compostela, ducias de veganos puxéronse dacordo para darlle o último adeus ao Entroido na tarde-noite de onte.

Entre prantos e lamentos, os veganos despediron aos grelos ate o próximo ano. Facendo círculos ao redo de cacharelas os veganos e veganas lanzaron os seus vexetais ao lume para dar remate á festa.

Este acto, segundo explican, é unha protesta contra o “festexo do maltrato animal” que é o  propio enterro da Sardiña, e coa que pretenden asentar un novo xeito de celebrar a fin do entroido. Os colectivos veganos esperan que en 10 anos o enterro do Grelo, símbolo tamén desta época festiva, se consolide e remate por ser unha verdadeira tradición galega, sen ter que usarse o sacrificio dun animal sen ningún tipo de culpa nin ligazón coa propia festividade.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.