Internacional

Baltar aproveita a súa visita a EEUU para mercar un arma


O presidente da Deputación de Ourense fardou de “pipa” polas redes sociais.

Imaxe da arma mostrada nas redes sociais.

Imaxe da arma mostrada nas redes sociais.

Así, na súa visita na busqueda de inversores e empresarios, Xosé Manuel Baltar non deixou escapar a oportunidade de sentirse un estadounidense máis, facendo súa a segunda enmenda da Carta de Dereitos de Estados Unidos, e mercando un arma de uso persoal.

Momento de peche da transacción.

Momento de peche da transacción.

Espéculase que a arma, un revolver automático co propio nome do político galego grabado, podería ter sido un regalo dalgún fan norteamericano. Pero Xose Manuel Baltar, apresurouse a explicar como e cando a mercou cos seus propios cartos, tentando así atallar unha nova polémica

Deste xeito, o presidente ourensán, mostrou a pistola aos seus seguidores en twitter, onde moitos deles o animaron a usala nos plenos da Deputación.

O presidente confesou ter mercado a arma ante o medo a posíbeis escraches de Gonzalo P. Jácome, ou ante  a posibilidade real de que unha muller se lle meta na cama, dunha habitación do hotel Francisco II de Ourense.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.