Investigadores do Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) utilizaron o potencial dos ordenadores do centro para desvelar se existía algún membro de Podemos que falase galego.
A idea de que non había ningún militante de Podemos que falase galego espertou a curiosidade dun grupo de científicos que se puxeron a indagar. Contaron do seu lado co Finisterrae, o terceiro supercomputador máis potente do estado, e deste xeito conseguiron desmontar o mito: Hai un podemita que si fala galego.
Segundo puideron contar os investigadores primero trataron de facer un mostreo de campo e centráronse en enquisas persoais pero ante a proliferación da resposta ‘Pa k quieres saber eso jaja saludos’ decidiron centrarse na monitorización das redes sociais sen que se tampouco se producira ningún resultado positivo. Búsquedas máis profundas que utilizaron os rexistros de WhatsSpp da NSA tampouco ofrereron ningún resultado positivo e soamente tras rastrear o Telegram e o seu clon Galegram foi cando atoparon o único exemplar do partido de Pablo Iglesias que falaba galego.
Fontes da investigación indican que se trata dun varón, caucásico de entre 32 e 35 anos. Os propios investigadores dixeron que non ía transcender o nome do suxeito por cuestións de seguridade da persoa en cuestión.