O presidente do goberno en funcións é nomeado “persona muy rata” na súa cidade natal.

Persoas á entrada do teatro principal.
Na mañá de onte o pleno do Concello de Pontevedra, reunido no Teatro Principal, acordaba cos votos de BNG, PSOE e Marea de Pontevedra, nomear a Mariano Rajoy “persoa moi rata”.
Os recentes feitos, polos cales un goberno en funcións, con Mariano ao fronte, decidiu ampliar durante 60 anos a prórroga a pasteira ENCE, na ría de Pontevedra, levaron a todos os grupos a excepción dos populares a nomear Persoa moi rata ao presidente en funcións do Estado español.

Mesas dalgúns dos concelleiros de Pontevedra.
O pleno non estivo libre de balbordos e problemas, xa que para que saise adiante o alcalde tivo que paralizalo en 2 ocasións debido a que o público non deixaba de berrar “Rajooooooy, Rataaaaaaa”.
Un dos arguemntos máis exgrimidos polo público alí congregado facía mencións aos famosos sobres con cartos en B, e a falta de xenerosidade do presidente cos seus conveciños de Pontevedra, a vila que o viu crecer, como persoa e como político.
Desde o PP de Pontevedra, aseguran pola contra, que Rajoy é unha persoa moi xenerosa, e de aí que lles regale outros 60 anos á celulosa ENCE, e culpan aos “terroristas, nacionalistas, aliados de ETA” de que se terxiversen as intencións do seu partido.