Un galego descoñecido demostroulle de xeito práctico, ao Community Manager do magazine español, que con acento galego pódese ser un Don Juan.

O chío que provocou a vinganza dun galego
Segundo contan testemuñas presenciais utilizou a tenrura e o riquiñismo que lles provoca aos españois o sotaque galego para engatusar a todas as nais dos redactores e así despexar as dúbidas que amosara o responsábel de redes da revista do grupo Prisa.
As mesmas testemuñas afirman que utilizou frases en galego para engaiolar ás donas. Frases como ‘Eses son ollos e non os das patacas’, ‘Se foses a miña nai, o meu pai ia ir durmir ao palleiro’ ou ‘Nena, non teño pelos na lingua porque ti non queres’, soábanlle ás señoras como se lles falase un oso amoroso.
‘Fueron cayendo todas’, indican fontes da revista, que describen ao home como ‘el flautista de Hamelin pero con acento gallego’. Un dos traballadores, conmocionado, relata como unha delas parecía resistirse máis e tivo que esmerarse moito máis con ela. Conta que lle cantou ‘Anduriña’, de Juan Pardo pero asegura que o que acabou por facer acceder á muller foi a frase ‘Vouche deixar a espalda como Marcial Dorado a Feijoo’.