Durex lanzará un xel de pracer con sabor a churrasco

“Vas querer saber a porco”, é un dos eslogans que se baralla para a campaña da coñecida marca. A multinacional de produtos sexuais Durex está a valorar comezar unha campaña para lanzar ao mercado novos sabores dos seus coñecidos e exitosos xeles de pracer. Segundo puido coñecer este medio, o departamento de I+D da multinacional baralla…

A CRTVG estreará TuteCabrón, a House of Cards galega

TuteCabrón, a serie sobre a política galega será estreada en xaneiro pola CRTVG, no que pretende ser a House of Cards galega. Segundo as informacións filtradas pola propia televisión de Galiza e a productora galega VacaFilms, a serie versará na súa primeira temporada na vida dun alcalde do rural galego e a súa loita política, tanto…

Iago Aspas bica unha bosta despois de marcar o gol coa selección española

As cámaras de televisión non foron quen de captalo, pero numerosos afeccionados aseguran que o de Moaña acabou cunha merda na súa boca despois de marcar o gol do empate en Wembley. Iago Aspas foi o protagonista da  xornada despois do partido que enfrontou á selección española coa súa homologa inglesa no estadio londinense de…

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas. Tempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da…

Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume

O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara. Un grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que…

Vende na Pedra o tabaco que lle pedía aos colegas

Descubren a un home de nacionalidade galega vendendo no mercado vigués de A Pedra o tabaco que lles pedía coa escusa de ter quedado sen el. Un mozo, que segundo os testigos, falaría en galego, foi atopado vendendo tabaco procedente das suas amizades. A persoa en cuestión, pedía tabaco baixo a premisa de ter quedado…

Abren un buffet libre vegano nun prado da Fonsagrada

O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran. Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”,…

Rouban cabazas de Samaín para facer chourizos de cabazo

Unha banda organizada do oriente ourensán podería estar detrás dos actos que se levan acomentendo nos últimos días. A proximidade das datas cara o Samaín, Fieis Defuntos ou Halloween, dependendo da ideoloxía de cada quen, fai que os amigos do alleo saian a buscar aquilo que outras persoas deixan descoidado. Desta volta un grupo de…