Sucesos

Cóllese unha castaña no magosto e bótano ao lume


O rapaz foi mordido nunha nádega para evitar que estoupara.

home-fogueira-magostoUn grupo de mozos estaba a celebrar un magosto no Montealegre en Ourense. Entre viño e licor café foron pasando a tarde pero houbo un que se pasou un chisco máis da conta co alcol e acabou cunha boa castaña. O resto dos amigo que non estaban moito mellor confundiron o seu colega cunha das castañas que tiñan preparadas para asar no lume.

O rapaz acabou no medio da fogueira. “Vaia colocón teño!”, comentou un, “estou vendo unha castaña pedir socorro”.

Por sorte para a vítima un colega abstemio estaba ao tanto da esperpéntica escena e puido ser rescatado en segundo e soamente conta con queimaduras leves.

Medio Rural e a Axencia Galega de Emerxencias emitiron un comunicado para que non se queime a ninguén durante o magosto. Indican que as fogueiras humanas non están permitidas e que estas están reservadas unicamente para bruxas que se opoñen á lei de deus.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.