Unha banda organizada do oriente ourensán podería estar detrás dos actos que se levan acomentendo nos últimos días.

Fotograma dun dos asaltantes cazado infraganti
A proximidade das datas cara o Samaín, Fieis Defuntos ou Halloween, dependendo da ideoloxía de cada quen, fai que os amigos do alleo saian a buscar aquilo que outras persoas deixan descoidado.
Desta volta un grupo de en torno a 10 persoas segundo a Garda Civil, poderían formar a banda que se encargaría de sustraer as cabazas polo país adiante. Segundo informou a benemérita, estas persoas que poderían ter orixe oriental(dentro da provincia de Ourense) aproveitarían momentos en que non se atopa ninguén na casa para acceder aos xardíns en entradas das casas, fundamentalmente no rural periurbano e facerse coas hortalizas.
Segundo apuntan desde a comandancia da Garda Civil, as cabazas poderían ser introducidas posteriormente no mercado negro en feiras e romerías, para seren utilizadas nas vindeiras matanzas para encher os chourizos de cabazo.
A pranta, altamente cotizada nos sectores máis afectados pola crise, esta a ser a nota negativa da festividade do próximo 31 de outubro, o Samaín.
Na mesma rolda de prensa, a Garda Civil, tamén anunciou a interceptación dun alixo de cabazas, prantadas en intensivo nunha zona boscosa e deshabitada dos Ancares, prantas que poderían ser utilizadas tamén para fins de recheo dos propios chourizos. Espérase que nas próximas horas outro grupo de cabazotraficantes sexan detidos e postos a disposición xudicial, pero polo de agora non se coñecen máis detalles.

Alixo de cabazas incautado pola Garda Civil

Plantanción ilegal de cabazas atopada nos Ancares.