O prado ten capacidade para máis de 1000 comensais e por un prezo de 6 euros poderán comer toda a herba que queiran.
Josito era gandeiro. Os prezo do leite non permitía vivir e decidiu cambiar o modelo de negocio. “O do leite non daba para nada así que díxemen: Josito, teste que facer emprendedor”, comenta. Así foi como Josito comezou a madurar a idea de abrir un negocio de restauración.
Preguntámoslle pola súa experiencia nos restaurantes veganos dinos que “De novo fun camareiro no bar do pobo e din que o licor de herbas o servía moi ben”.
Ao contrario do tipo de restaurantes veganos que se abren nas grandes cidades Josito aposta pola comida rápida e
polo self-service. “O noso vai ser un buffet libre deses de come todo o que queiras por 6 euros. Queremos ser o McDonals do veganismo”, comenta con ilusión.
O buffet que leva aberto dúas semanas na Rebolada, na parroquia de Corvelle na Pastoriza, goza dun éxito notable. Os veciños do pobo non dan creto e plantexan abandonar a tradicional gandería da zona para dedicarse á restauración. A señora Rosa pode ser a próxima en seguir os pasos de Josito, “Agora a xente non come, pace. Pois aquí temos herba abondo!”, exclama
A ver ho, aclarádevos. É na Fonsagrada ou na Pastoriza? Eu quería ir e non vexo claro cara a onde coller, aínda hei acabar na Ribeira de Piquín que queda a medio camiño.
Bo proveito co prato do día.
non sei ata que grado chega a jelipollada destes tip@s
Iso, xa o estaba a dicir Franco nunha viaxe a Galicia en tempo de María Castaña. Pasou por diante de un pedichón morto de fame, e, parando o coche, dille: ” Pero, home, ca cantidade de herba que tes naquel prado, e ti morrendo de fame. ¡¡¡ Hai que espabilar !!!
Iso, xa o estaba a dicir Franco en tempos de María Castaña, Ante un pedichón farrapento, mandou parar o seu coche, e dille: ” Peo home, coa cantidade de herba que tes naqueles prados, e ti, morto de fame ¡ Hai que espabilar….!