Sucesos

Un veciño de Nigrán trata de levar o Dinoseto para poñelo no xardín da súa casa


Un veciño de Nigrán desmontou o dinoseto para tratar de levalo para a súa casa e que así puidera adornar o seu xardín.

dinoseto-camionVeciños da zona vella de Vigo denunciaron onte que un home estaba a desmontar o emblemático dinoseto e subíndoo por pezas a un camión. Alarmados pola situación avisaron á policía que se personou no lugar e puido comprobar a subtracción do dinoseto.

Seguindo o rastro de terra que foi deixando, patrulla policial conseguiu localizar o camión que o estaba a trasportar cara a chalé do substractor situado en Nigrán.

“O dinoseto é de todos. Así que eu vouno levar unha tempada para a miña casa. Dentro de catro anos que veña a buscalo o seguinte ao que lle toque”, comentou aos axentes de policía.

O ladrón, que finalmente foi obrigado a devolver o famoso dinoseto ao seu emprazamento, foi denunciado pola policía por apropiación indebida dunha figura vexetal do xurásico-cretácico e foi posto en liberdade sen fianza.

Este é o segundo ataque que se leva a cabo contra as prantas do centro de Vigo despois de que un veciño tamén se levara dous arbustos de loureiro da Gran Vía para a súa casa. Ante esta oleada de asaltos aos ornamentos municipais, Abel Caballero xa está a dispoñer un dispostivo policial que volva a vixiar o barco da rotonda de Coia non vai ser que algún armador o afane ou algún veciño cun gran xardín o leve para a súa casa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.