Actualidade

Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas


A directiva de LARSA decidiu esta madrugada en xunta extraordinaria o que para moitos gandeiros é unha aberración. Os directivos comunicaron aos gandeiros esta mañá a decisión de dar licor café no canto de auga ás vacas. Isto xerou as primeiras protestas.

vaca-licor-cafeTempos Galegos recolleu as declaracións de varios gandeiros que estaban protestando diante da sede da compañía: “O carallo, como se vicien ao licor café… a ver que bebo eu?! Outros alegaban: E despois pedirán que as levemos xogar a partida ao bar, e lo!”

Pola súa banda, a directiva queixouse de que a eles non lle enviaran pizzas. “Somos menos nós que o PSOE?”, dixo indignado despois de pasar gran parte da noite reunido e sen comer. Con respecto a decisión tomada expuxeron que o primo físico de Rajoy, despois de tomar uns cantos iogures, respaldaba a teoría de que aceleraría a producción do coñecido iogur de licor café.

O máximo directivo de Larsa declarou que isto non vai quedar aquí. Se o experimento sae ben farán o mesmo coa crema de oruxo e o licor de toxo. Incluso é posible que abran un after en Santa Comba onde cada gandeiro leve as súas vacas de troula despois de tomar o licor café e responder sen posibilidade a mentir a pregunta ‘E ti cantas vacas tes?’

Artigo enviado por Noel Alive:  Facebook, Twitter

2 thoughts on “Larsa pide aos gandeiros que lle dean licor café ás vacas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.