Ciencia

Gadis desbordado tras a chegada de milleiros de currículums para iniciar a Misión Espacial Galega


Logo de saír o novo anuncio de Gadis da saga Vivamos como galegos!,  foron moitos os ciéntificos galegos, e tamén non galegos, que viron a posibilidade facer carreira ao ver publicado no portal Galicia Alive a noticia do comezo da Misión Espacial Galego (M.E.G.).

Esta noticia acadou unha importancia internacional. Donald Trump comezouno a utilizar como ferramenta electoral ao crer que Galicia está en América Latina.  “Se fan naves, faremos o muro máis alto!” declarou o magnate.

Dende o Kremlin Putin quitoulle importancia ao asunto. Fóra de micros puido escoitarse: “Mellor deixalos, que un galego cabreado… manda carallo!”

A Axencia Espacial Europea (ESA) valorou a posibilidade de que formase parte desta organización, pero ao descubrir que había tres aeroportos decidiron non facelo. “Pá que?” comentou o máximo responsable da Axencia.

A directiva do departamento de recursos humanos de Gadis comentou dirixíndose ao departamento de marketing da mesma compañía: “Se metensen as ideas no…”.  Rematou a súa declaración dicindo: “Tanto vivamos como galegos! e ao final nin vivimos”.

Polo de agora os ciéntificos seguen a noticia con esperanza, toda a que lle falta os componentes de Recursos Humanos.

mision-espacial-galega-gadis

Artigo enviado por Noel Alive:  Facebook, Twitter

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.