Actualidade

As casas de apostas desbordadas ante a incógnita do novo goberno de Rajoy


Ante as dúbidas que suscita a composición da nova equipa de goberno de Rajoy, as casas de apostas colpasan pola enorme cantidade de variables.

As puxas online veñen de subir un incremento so comparábel a grandes citas deportivas como as finais da Champions League, mundial de fútbol ou sobre se a Bisbal fixo a cobra a Chenoa ou non. As diferentes posibilidades para a conformación do Consello de Ministros que acompañará a Mariano Rajoy nesta nova lexislatura fai que as variables aumentasen exponencialmente desde a abstención técnica do PSOE o pasado sábado.

Entre os nomes que se barallan nas diferentes webs de poxas online están, desde os máis comentados nas tertulias de televisión, como Alfonso Rueda ou Maroto(o de Vitoria, non o de LaQueSeAvecina) ata exministros como o agora alcalde de Vigo, Abel Caballero.

A entrada de Rita Barberá no novo goberno, pagaríase en cifras de 10 a 1, circunstancia que segundo as casas de apostas semella pouco probable. Pola contra a entrada de membros da equipa de Feijóo non parecen tan descabeladas, podendo atoparnos incluso aos mesmo Alberto cunha cotización de 3€ de beneficio por cada euro invertido.

Entre as poxas máis claras ao peche desta edición atoparíanse Felipe González cun 1 a 1, ou Susana Díaz cun 1,5 a 1. Nalgunha web incluso se especifica que González se perfilaría para ministro de interior nunha relación de 2 a 1.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s