Descubren a un home de nacionalidade galega vendendo no mercado vigués de A Pedra o tabaco que lles pedía coa escusa de ter quedado sen el.

Os cigarros estaban intactos ou como moito faltáballes unha calada.
Un mozo, que segundo os testigos, falaría en galego, foi atopado vendendo tabaco procedente das suas amizades. A persoa en cuestión, pedía tabaco baixo a premisa de ter quedado sen el e que xa mercaría, para despois ir acumulando ate facer pequenos paquetes que logo vendería a prezo de tabaco de contrabando.
O mercado da Pedra, coñecido internacionalmente por ser epicentro da venda de mercadorías, cando menos alegais, sería o lugar perfecto para dar saída a estes cigarros sen ser mirado raro polos seus consumidores.
O home que vendía o tabaco en diferentes cantidades, facía el mesmo os paquetes con 1, 5, 10 ou 20 cigarros e vendíaos un 15% máis baratos do que se poderían atopar en calquera estanco galego. Ademais de todo isto os paquetes era separados por marcas, sendo Malboro os que mellor saída tiñan. “Sempre estaban esgotados” asegura a este medio un testigo protexido.
Os cigarros polo xeral estaban intactos para o seu fumeteo, o como máximo cunha calada de menos, a cal sería efectuada polo vendedor no momento de pedilo aos seus colegas. Especúlase tamén que recabara cigarros pedíndoos pola rúa a xente que non coñecía de nada, valéndose así da filantropía das persoas interceptadas.