Actualidade

A CRTVG estreará TuteCabrón, a House of Cards galega


TuteCabrón, a serie sobre a política galega será estreada en xaneiro pola CRTVG, no que pretende ser a House of Cards galega.

425637384_223790_9993449228475761208

Portada de TuteCabrón, a nova serie da TVG

Segundo as informacións filtradas pola propia televisión de Galiza e a productora galega VacaFilms, a serie versará na súa primeira temporada na vida dun alcalde do rural galego e a súa loita política, tanto interna dentro do seu propio partido, como no ámbito electoral para chegar a ser presidente de Galiza.

Para isto, e segundo as informacións obtidas polo de agora, o político terá que ser quen utilizar todas a súa habilidade para chegar ao máis alto do panorama político galego conseguindo na primeira temporada entrar no Parlamento galego como deputado.

O alcalde que será membro dun pequeno partido da esquerda galega, terá que ser quen de enfrontarse tanto internamente como externamente a todas as persoas e grupos de poder que se interpoñan no seu camiño para conseguir o seu propósito, converterse no Presidente.

A serie gozará con localizacións de luxo como son o propio hemiciclo do Parlamento, ou as rúas de Compostela e non escatimará en gastos. Segundo fontes consultadas por TemposGalegos, a serie alternará a ficción cinematográfica con imaxes reais do Parlamento galego onde as protagonistas se verán reflexadas e tomarán exemplo de como actuar na política.

A loita do rural galego, das mariñeiras ou o propio caciquismo centrarán tramas intensas que están chamadas a mostrar na pequena pantalla as maiores interioridades da nosa política. Do mesmo xeito, e como non podía ser doutra maneira, as tramas sobre corrupción ou narcotráfico serán pilares básicos nesta serie que está a chamada a ser a House of Cards galega.

Con claras reminiscencias a House of Cards, TuteCabrón tamén tomará ideas doutras series de éxito sobre política como poden ser West Wing(O ala oeste da Casa Branca), ou Borgen a serie sobre a política danesa.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.