Roberto Carlos é presentado como novo xogador do Rápido de Bouzas.

Roberto Carlos da Silva, foi presentado como novo xogador do Rápido de Bouzas ante multitude de medios e algúns afeccionados curiosos que non quixeron perderse o evento. Na súa presentación afirmou que “é o máximo” ao que pode aspirar un xogador de fútbol aos seus anos e que espera gañar algún título, polo menos municipal,…

A EGAP realizará un curso de Whatsapp para altos cargos da Xunta

A administración autonómica tomou a decisión despois de que moitos dos seus altos cargos non entendan os emoticonos que lle manda a xente. A EGAP ofrecerá un curso sobre Whatsapp aos altos cargos da Administración da Xunta de Galicia. O máximo órgano de formación da administración galega viuno necesario despois de comprobar que ampla maioría…

Feijoo anuncia a construción dun flotel de porcelana en Sargadelos

Feijoo anuncia a medida pouco despois de coñecerse a suspensión de pagos da histórica fábrica de cerámicas. A medida anunciouse na habitual comparecencia do presidente despois do Consello da Xunta deste xoves. Nela Feijoo anunciou aos medios que ían tratan de salvar Sargadelos mediante un acordo cunha petroleira mexicana que construirá un flotel de porcelana…

Loctite arranxará a Pedra de Abalar

Os enxeñeiros da  empresa Loctite asumiron o reto de reparar o maltreito emblema de Muxía: a Pedra de Abalar. O popular pedrolo rompeu en catro ocasiones durante os últimos anos. A penúltima vez foi en 2005, despois de que unha empresa unise as dúas partes con resinas especiais e grapas de aceiro. De nada serviu….

[Exclusiva] O romance entre Francisco Camps e Esperanza Aguirre

A relación entre Francisco Camps e Esperanza Aguirre duraría xa máis de dous anos, segundo as información chegadas na tarde de onte á redacción de TemposGalegos. Horas despois de destapar o idilio do expresidente valenciano e a política madrileña de 62 anos, no xornal volvemos ocuparnos do caso revelando máis detalles sobre este romance, que…

A conferencia episcopal preocupada polo travestismo do Día de Comadres

A conferencia episcopal acaba de emitir un comunicado no que expresa a súa alarma pola celebración pagana do día de comadres. Engaden tamén a súa preocupación polo feito de que miles de mulleres anden solas pola rúa e ata altas horas da madrugada en moitos casos. Segundo explican estas cousas “hacen llorar al miño Jesús” ao…