Sociedade

A conferencia episcopal preocupada polo travestismo do Día de Comadres


Rouco Varela asustado

Rouco Varela escandalizado pola celebración das comadres

A conferencia episcopal acaba de emitir un comunicado no que expresa a súa alarma pola celebración pagana do día de comadres. Engaden tamén a súa preocupación polo feito de que miles de mulleres anden solas pola rúa e ata altas horas da madrugada en moitos casos. Segundo explican estas cousas “hacen llorar al miño Jesús” ao separar ás nais dos seus maridos e dos seus fillos.

No mesmo comunicado tamén alertaron o aumento de homes que se visten de muller para participar na festa, “Esto nos conduce cada día más a repetir lo de Sodoma”, comentou un bispo na saída da xuntanza e engadiu que “Dios aplastó esa ciudad y también mandó plagas de langostas a Egipto por mucho menos”. Un xornalista non se puido reprimir e comentou en alto “E non poden ser bogavantes?” o que provocou as risas dos asistentes e o conseguinte enfado do aludido. O xornalista foi excomulgado no acto.

A organización clerical remata o seu comunicado cualificando de “aquelarre feminista” a celebración da noite de comadres e tamén de “celebración masónica-comunista” onde se trata de inculcar ás mulleres “el libertinaje, el alcoholismo y el aborto”. 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.