A administración autonómica tomou a decisión despois de que moitos dos seus altos cargos non entendan os emoticonos que lle manda a xente.
A EGAP ofrecerá un curso sobre Whatsapp aos altos cargos da Administración da Xunta de Galicia. O máximo órgano de formación da administración galega viuno necesario despois de comprobar que ampla maioría deles soamente sabían mandar bandeiriñas españolas e folclóricas bailando.
‘Descubrimos que moitos deles non teñen moita idea destas tecnoloxías’ comenta o director da EGAP. O curso conta tamén cunha equipa de psicólogos para apoiar ao persoal directivo da Xunta. ‘É moi duro para eles recibir moitas merdas con ollos’, explica unha das psicólogas do curso. ‘Nos explicámoslles que non é pola merda de política que fan, senón porque á xente do común lle gusta mandar fotos das súas deposicións’. Continúa explicando que así quedan moito máis tranquilos e ‘entenden que hai que recortarlle máis dereitos por soeces e cochinos’, engade.
Van contar tamén cunha equipa médica de emerxencia e cun desfribilador portátil no curso. ‘Hai que prever posible incidencias’ indican desde a dirección. Fontes da EGAP confirman a este medio que están aí por se algún cargo sofre algún ataque cando vexa a icona da bandeira comunista china.