A relación entre Francisco Camps e Esperanza Aguirre duraría xa máis de dous anos, segundo as información chegadas na tarde de onte á redacción de TemposGalegos.
Horas despois de destapar o idilio do expresidente valenciano e a política madrileña de 62 anos, no xornal volvemos ocuparnos do caso revelando máis detalles sobre este romance, que se mantivo con altibaixos desde 2011 e evocando incluso a existencia dun segundo apartamento que albergaría o seu amor secreto.
Un segundo piso

Foto da parella no ano 2012
Segundo podemos saber en TemposGalegos, Aguirre acompañaba ao candidato popular en todos os seus mitins e sentaba sempre tras el, na segunda ou terceira fila, camuflada con perrucas e sombreiros imposíbeis. Do mesmo xeito existiría un segundo piso no oeste da Comunidade Valenciana onde os amantes dábanse cita ata que tiveron que abandonalo porque o conserxe recoñeceunos e tratou de facerlles unha foto. Os amantes habituaría a realizar as súas escapadas á casa de veraneo dos pais de Camps na praia da Malvarrosa, na cidade de Valencia, durante os meses de temporada baixa.
Todo comeza en 2011. Tras apoiar en privdo a Francisco Camps no caso Gurtel, Aguirre uniuse ao clan do expresident e involucrouse na batalla. “A artista reuniuse co seu futuro amante nun restaurante preto da Cidade das Artes e das Ciencias, e estaba encantada con este home humilde”, afirma o noso confidente.
Aguirre participaría en diversas campañas, en 2012, pero quitouse do medio cando Camps é chamado a declarar “A pesar das dificultades na súa relación coa súa muller e o escándalo dos traxes, poucas semanas despois, Camps aferrouse á súa relación e loitou por recuperar ao seu primeiro amor: Paco e Esperanza tomáronse un descanso”, prosegue o testimonio .
A muller de Camps soa en vacacións
A revista investiga tamén como Francisco Camps habería ir abandonando paulatinamente á súa parella oficial durante os fins de semana e as vacacións para pasar máis tempo coa presidenta madrileña. O último verán, a parella presidencial xa non irían xuntos de vacacións, senón que Isabel bas iríase soa a Grecia, onde esperou sen éxito que o político popular se reuníse con ela.
Camps, pola súa banda, refuxiouse en Vilalba. Alí, no municipio natal de Don Manuel, na casa duns amigos da parella os namorados foron a ver en concerto á Panorama e ao día seguinte “acudiron xuntos ao mercado sen importarlles ser vistos”.
O resto: o paulatino illamento da súa muller na súa botica e esas aventuras en que o expresident abandonaba a súa casa discretamente nun Audi para atoparse coa súa amada nun apartamento próximo prestado por unha amiga, no cal, segundo a revista, víronse máis de 20 veces desde xuño de 2013.