As Pantallas, figuras ilustres do Entroido limiao, terían usado vexigas humanas durante os últimos 27 anos.
Desde a pasada semana non se fala doutra cousa na comarca da Limia, as Pantallas de Xinzo poderían pasar á historia tal como as coñecemos ate o de agora. Unha denuncia anónima puña en sobreaviso aos membros das forzas e corpos de seguridade do estado e iniciábase así una potente investigación para esclarecer os orixes desta macabra tradición.
Segundo indican fontes policiais a tradición remontaríase a finais dos anos 80, unha época especialmente dura para os habitantes de Xinzo de Limia, na que a cría e ceba de porcos estaba e perigo pola escaseza de alimentos para o gando.
Por esta razón as Pantallas de Xinzo decidirían darlle unha volta de porca ao seu Entroido e substituír as vexigas porcinas por humanas, nunha zona rural, fortemente envellecida e na cal as mortes naturais dos habitantes da vila serían máis que suficientes para cubrir as necesidades dun dos Entroidos máis famosos do país.

Foto de arquivo. Pantallas de Xinzo de Limia facendo uso das vexigas humanas.
Desta maneira e solucionado o problema os habitantes de Xinzo coñecedores do cambio deberían gardar silencio, converténdose nunha honra para os falecidos donantes e as súas familias, así como un espectáculo que continuaría para os turistas que visitan a zona nestes días.
Segundo comunicado do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte a partires de este ano prohibirase o uso de vexigas humanas ou calquera parte procedente do aparello urinario humano, así como partes ou amputacións humanas dentro dos festexos do Entroido na provincia de Ourense. Para isto, estableceranse controis de seguridade durante os días que o Entroido se establece na vila, e se comprobaran ao azar centos de vexigas para verificar a súa procedencia.
Membros da comisión de festexos do Entroido da Limia declararon a TemposGalegos que “este é un ataque contra as tradicións e a cultura da nosa vila…”, “Nós non matamos a ninguén, aproveitamos a morte ao igual que aproveitamos a vida”.
O BNG xa se mostrou favorábel a presentar unha moción perante o Concello de Xinzo de Limia na que se instará ao Goberno Central a recuncar na súa postura “fascistoide e reaccionaria”. Pola súa parte o resto de grupos municipais gardan silencio á espera da comunicación en firme e por escrito que lles remitirá o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Hola queria decir que a noticia podedela dar pero sacade o comentarioa da foto. Porque eso non son vexigas humanas e non ai que ser moi listo pa velo. Non sexades aprobeitados e informadevos ben primeiro. Grazas.
Esta web e ben estupida. A ver se vos dedicades a outra cousa. Hai noticias interesantes q contar de galicia e non inventar chorradas. Periodistas non sodes xq q 5 anos de carreira mais desaproveitados
Madre mia, sodes patéticos…
Seguro que e de verin o k inventou esa mentira
Seguro que foi de verin o inventor de esa mentira
Pregúntame,k clase de sikotropicos toma esa persona que escribiu esa noticia, sabe donde nos abasteciamos?quixera sabelo!!! Tiremos que matar al unos cuantos vellos para abastecer a tantas pantallas,POR FAVOR HABRÁ QUE IR PREGUNTAR O MATADERO.
Hahahhaha como se raia a xente de verdade… Desfrutade un pouco da retranca galega…