Os enxeñeiros da empresa Loctite asumiron o reto de reparar o maltreito emblema de Muxía: a Pedra de Abalar.

Os operarios de Loctite comproban os danos na pedra de Abalar.
O popular pedrolo rompeu en catro ocasiones durante os últimos anos. A penúltima vez foi en 2005, despois de que unha empresa unise as dúas partes con resinas especiais e grapas de aceiro. De nada serviu. De novo as inclemencias meteorolóxicas deixaron a pedra feita merda como en anteriores ocasións.
O milagre pode chegar agora do equipo de enxeñeiros da firma estaunidense Loctite, que comezou a investigar o asunto a instancias do Conselleiro de Educación e Cultura, Xesús Vazquez (Susi). Desde a empresa americana destacan tamén o interese do alcalde de Muxía, Félix Porto, por recuperar canto antes o aceno de identidade do seu pobo, posto que “ao fin e ao cabo a xente ven a Muxía e o que quere é ver a pedra esta”. Desta volta os enxeñeiros de Loctite mostranse confiados e afirman que recompoñer a pedra é posíbel, aínda que visto o estado da rocha, prefiren non facer apostas ao respecto.
Os enxeñeiros aplicarán nesta ocasión un método distinto ao empregado nas anteriores restauracións nas que utilizaran resinas especiais e grapas de aceiro, tratarase de aplicar unhas pinceladas do famoso pegamento na liña de rotura e apretar forte durante uns segundos, sendo este material ate tres veces máis resistente que o metal. Unha delicada operación na que deberán prestar grande atención e concentración para non pegar sin querer os dedos das mans e ter que quedar unidos para sempre na famosa rocha coruñesa.
En declaracións de Alberto Nuñez Feijoo, “Se todo sae ben, a próxima romaría da Barca terá pedra completa, por obra e milagre de Loctite, pero sobre todo pola intercesión divina da Virxe da Barca”.
E o faro de Burela que escachou antonte, tamén, non?