A OMS alerta de que o vídeo de EnMarea pode provocar cancro

“Vai subir a mareaaaa” e segundo a OMS vaiche traer cancro. Expertos da Organización Mundial da Saúde (OMS) afirmaron hoxe que escoitar a canción de campaña de EnMarea podería causar cancro de colon, ollos e oído, mentres que explican que tamén existen investigacións que determinan que tarareala pola rúa podería supor un grave risco de…

Comproban experimentalmente que Rajoy ten a cara moi dura

A terrible agresión sufrida polo presidente do goberno constata empíricamente un feito sobre o que existían sospeitas fundadas. O presidente Mariano Rajoy sufriu na tarde do mércores unha agresión na Praza da Peregrina da cidade de Pontevedra. Un mozo de 17 anos achegouse ao presidente e propinoulle un golpe que tería tumbado un becerro de tamaño medio….

Rajoy e Pedro Sánchez ensaian o debate de ‘cuñaos’ de noiteboa

Nun debate, retransmitido por TV, Rajoy e Sánchez discreparon de infinidade de temas desde posicións da altura de barra de bar. Pedro Sánchez e Rajoy, no día de onte emplazados nos salóns e comedores dos españois que dispoñen de televisión, debatiron de diversas temáticas, desde “Os langostinos á plancha ou cocidos” a “abrimos outra botella ou non?…

O alcalde de Ferrol levará a bañeira aos mitins

Jorge Suárez afirma sentirse máis cómodo dentro dela para falar en público. O alcalde de Ferrol, un dos alcaldes “do cambio” confirmou está mañá en rolda de prensa que levará canda si unha bañeira a todos os mitins e actos públicos, xa sexan propios da Alcaldía de Ferrol, da propia organización Ferrol en Común, ou…

Constátase que Besteiro é un cantante

En contra do que puidese parecer non foi por ningunha actuación política do PSOE. A tibieza do líder do partido socialista en Galicia co caso Manuel Martínez, o cuasitránsfuga da Deputación de Lugo e as actuacións agarrándose ao posto despois da súa imputación xudicial propiciaron que, dende a oposición, fora cualificado de ‘cantante’. Tal feito…

Descubren que os vascos se reproducen por mitose

Investigadores da USC aseguran que é  aúnica explicación plausible para explicar a súa continuidade. As últimas teses expostas por diferentes investigadores da USC asumen a posibilidade de que o xenoma vasco poda dividirse e crear novos individuos. Isto explica a non necesidade de aparearse, e as dificultades de conseguilo, dos homes en Euskalherría. Deste xeito…

A Fiscalía de Ourense soamente acusará aos Baltar cando se xubilen

Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado. A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo. Para evitar que casos coma estes se…

Cristiano Ronaldo entra a formar parte de AGAL

O futbolista portugués interésase pola língua galega e o polo reintegracionismo. Todo apunta a que os discretos resultados que está a obter o seu clube, o Real Madrid, levan ao astro luso a buscar novas vías de escape e de futuro, desta volta e segundo infoman desde a dirección da propia AGAL, o futbolista pasaría…

Fifa16 introducirá os comentarios de Rajoy nos seus partidos

O videoxogo deportivo incluirá os comentarios futbolísticos do presidente en detrimento do ate agora habitual Manolo Lama. Segundo confirman desde a multinacional EA Sports, os comentarios de Mariano Rajoy poderán ser escollidos como narracións dos partidos que se disputen no xogo multiplataforma a partires do próximo mes de xaneiro. Polo avanzado na mañá de hoxe,…

Soraya tamén substituirá a Rajoy nas reunións da comunidade de veciños

O presidente do goberno utilizará á vicepresidenta para substituílo en todas as cousas que non lle apeteza facer o que a levará a atender todas as tarefas de Mariano Rajoy salvo a lectura do diario Marca. Fontes da Moncloa confirman que Soraya Sáenz de Santamaría será a doble oficial de Mariano Rajoy e asumirá moitas…

Google sacará un goberno que se conduza sen presidente

A multinacional de Silicon Valley abrirá o seu mercado ao campo da politoloxía. Despois de presentar o seu coche autónomo en Galiza, Google anuncia desde o seu centro neurálxico as novidades que cambiarán o mundo nos próximos anos. Entre elas aparece unha dedicada íntegramente aos galegos e galegas, un goberno que se conduza sen presidente. Segundo os…