Política

O alcalde de Ferrol levará a bañeira aos mitins


Jorge Suárez afirma sentirse máis cómodo dentro dela para falar en público.

Jorge Suárez presentando a súa campaña.

Jorge Suárez presentando a súa campaña.

O alcalde de Ferrol, un dos alcaldes “do cambio” confirmou está mañá en rolda de prensa que levará canda si unha bañeira a todos os mitins e actos públicos, xa sexan propios da Alcaldía de Ferrol, da propia organización Ferrol en Común, ou dos actos de EnMarea para as vindeiras eleccións xerais.

Suárez asegura sentirse como Kyle XY dentro dela e ata barallaría colocala presidindo os plenos en lugar da actual silla de rexedor. “É preciso sentirse cómodo desempeñando a labor política, e para isto cada un temos os nosos trucos ou fetiches, Baltar ten a cábala, eu a bañeira” asegura o ferrolán.

Jorge Suárez en Xunta de Goberno no Concello.

Jorge Suárez en Xunta de Goberno no Concello.

Parece que coa iniciativa de Suárez e a súa posíble participación, e a da súa bañeira, nos actos nacionais de EnMarea a campaña para as eleccións do Estado español se comeza a animar, abrindo así a veda a novas ideas. Sobre a propia campaña Jorge comentou: “O de bicar meniños e saúdar vellos xa non funciona, necesitamos dar a nosa mensaxe e que a xente nos atenda, para iso hai que captar a atención, e se esto nos serve adiante. Ademáis, a ver que se atreve a chamarme guarro ou piolloso agora!”

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s