Arquivaránse todas as actuacións da familia Baltar que sexan supostamente delictivas ata que o responsable das mesmas estea xubilado.

Baltar celebrando o fallo da fiscalía de Ourense
A fiscalía anunciou o arquivo das dilixencias penais contra Manuel Baltar ao non apreciar delicto no caso da oferta de traballo na Deputación de Ourense a cambio de sexo.
Para evitar que casos coma estes se volvan repetir a fiscalía anunciou que calquera denuncia sobre un Baltar soamente prosperará no caso de que o denunciado se tivera xubilado seguindo así o criterio que se utilizou no caso de José Luis Baltar, pai do actual presidente, no caso dos enchufes que propiciaron que o seu fillo recuncara como presidente do Partido Popular en Ourense e presidente da Deputación ourensá.
Fontes próximas á fiscalía anunciaron que estas actuacións enmárcase nun programa de eficiencia e racionalización da xust03iza: ‘Así no le hacemos perder el tiempo a la gente. La ciudadanía debe saber que los Baltares están a otro nivel y no tienen porque perder el tiempo con menudencias del populacho’.
Fontes do Partido Popular en Ourense declararon que ‘El tema del sexo a cambio de trabajo era persoal. Si le ofrecieron un trabajo es porque la Diputación es nuestra y podemos follárnosla cuando queramos… Ups!’ ao que engadiron ‘no es persoal, son solo negocios‘.