Cultura

Cristiano Ronaldo entra a formar parte de AGAL


O futbolista portugués interésase pola língua galega e o polo reintegracionismo.

Cristiano Ronaldo e AGAL vinculados na defensa do reitegracionismo.

Cristiano Ronaldo e AGAL vinculados na defensa do reitegracionismo.

Todo apunta a que os discretos resultados que está a obter o seu clube, o Real Madrid, levan ao astro luso a buscar novas vías de escape e de futuro, desta volta e segundo infoman desde a dirección da propia AGAL, o futbolista pasaría a formar parte da Associaçom Galega da Língua(AGAL) buscando así afianzar unha visión intelectualoide de si mesmo.

O interese de Cristiano polo reintegracionismo parece ser que procedería dunha visita ao estadio de Balaídos, onde afeccionados do Celta de Vigo terían mostrado faixas reintegratas que chamarían a atención de Ronaldo. Ao preguntar polas faixas portuguesas de Balaídos, Cristiano coñecería o reintegracionismo e este preguntaría pola súa importancia dentro de España e de Galiza.

Deste xeito Cristiano Ronaldo chegaría a contactar con Miguel Rodrigues Penas durante o ano 2014, quen a través dunha presentación en Prezi, tería convencido ao xogador de vincularse coa asociación.

Barállase que para o ano 2016 Ronaldo poida participar nalgunha campaña ou anuncio publicitario de AGAL, así como impartir algún seminario ou curso na Universidade de Santiago.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.